Partisanos xudeus

Membros do Fareynikte Partizaner Organizatsye, activo no gueto de Vilna.

Os partisanos xudeus foron loitadores en grupos militares irregulares que participaron no movemento de resistencia xudeu contra a Alemaña nazi e os seus colaboradores durante a segunda guerra mundial. Unha serie de grupos partisanos xudeus operaron en toda a Europa ocupada polos nazis, algúns formados por fuxidos dos guetos xudeus ou dos campos de concentración, mentres que outros, como os partisanos de Bielski, contábanse por centos e incluían mulleres e nenos. Eran máis numerosos en Europa Oriental, pero tamén existían grupos na Francia e Bélxica ocupadas, onde traballaron coa resistencia local.[1] Moitos loitadores xudeus participaron noutros movementos partisanos noutros países ocupados. En total, os partisanos xudeus eran entre 20.000 e 30.000.[2]

  1. "Armed Jewish Resistance: Partisans". Holocaust Encyclopedia. United States Holocaust Memorial Museum. Consultado o 2006-07-09. 
  2. "Living and Surviving as a Partisan". Jewish Virtual Library. Consultado o 2006-07-09. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search